Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Veciños de Teis piden que se abra unha escola infantil na ETEA

eteaO pasado 9 de decembro de 2015, representantes da fundación Amancio Ortega mantiveron unha xuntanza co alcalde e a concelleira de Educación, para tratar sobre a construción dunha escola infantil en Vigo, que promove dita fundación, pero sen concretar ningún emprazamento. na cidade.

A Asociación Veciñal de Teis, valorou como unha posíbel lugar de emprazamento desta escola infantil, podería ser nos terreos da antiga ETEA, espazo público que xestionan na actualidade a Xunta e o Concello.

“Dende a Asociación dirixímonos por escrito a Fundación Amancio Ortega, ao Concello e a Xunta. A única resposta foi da Fundación, que indicou que a decisión do emprazamento da escola infantil, dependía do Consorcio Galego de Servizos Sociais xunto ao Concello”.

Os veciños de Teis lembran que o Goberno de Galicia aprobou o plan sectorial da ETEA, que recolle diferentes usos – deportivo, recreativos, científicos-tecnolóxico-  aínda se desenvolver na súa maioría e que hai un area reservada para usos complementarios (PS-6), polo que “podería ter encaixe unha dotación como unha escola infantil”.

A Asociación engade que se trata dun lugar privilexiado polo seu emprazamento a beira da ría e un espazo de esparexemento do barrio de Teis e da cidade. “Unha parte destes terreos no futuro, serán para ocupar o Campus do Mar, que promove a Universidade de Vigo, para converter este espazo tamén nun lugar de investigación”.

Debido a gran superficie, aseguran os veciños de Teis, estes terreos son compatíbeis diferentes usos e “entendemos que podería ter encaixe unha escola infantil: a día de hoxe descoñecemos o emprazamento elixido para esta escola infantil e se valorou o emprazamento dos terreos da ETEA”.

A Asociación, por último, salienta que nos últimos meses realizou unha intensa campaña para denunciar o abandono dos terreos da ETEA, polo Concello e a Xunta, coa convocatoria de mobilizacións, recollida de 3.200 sinaturas. “Ademais esiximos a dotación de servizos nestes terreos como: a colocación de papeleiras no paseo, a limpeza dos terreos, a colocación duns aseos público ou a apertura da piscina”.

También te puede interesar