Comarcas

Pulo ao Sendeiro Litoral da Guarda entre as praias de Area Grande e Muíño

carmela a guarda

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asinaron este luns un convenio de colaboración para poñer en valor o Sendeiro Litoral da Guarda, un dos once sendeiros azuis recoñecidos este ano na provincia de Pontevedra, a provincia española con máis distintivos deste tipo.

O Sendeiro Azul da Guarda une a praia marítima de Area Grande coa praia fluvial do Muíño, incluíndo tamén a Ruta das Cetáreas, un sendeiro “espectacular” á beira do mar “moi transitado e visitado sobre todo nos meses de verán”, como salientou Lomba.

As actuacións no sendeiro consistirán na reposición e reparación de firme, así como en melloras na sinalización. Farase un investimento total de case 17.000 euros, dos que o 80% os achega a Deputación.

Este convenio enmárcase nun plan conxunto que ten a Deputación en colaboración cos concellos para a posta en valor dos sendeiros azuis da provincia, cun investimento global de 184.000 euros. O da Guarda é o cuarto convenio deste tipo asinado, despois dos de Ponte Caldelas, Nigrán e Baiona.

También te puede interesar