Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A Xunta de Persoal e SOS Sanidade esixen o rescate do Cunqueiro e a apertura das camas pechadas no verán

SanidadeA Xunta de Persoal do ‪Chuvi e a plataforma ‪‎SOS Sanidade Pública pecharon este xoves o calendario de mobilizacións de xullo cunha concentración ás portas da antiga dirección provincial do ‪‎Sergas, na rúa García Barbón de ‪‎Vigo.

Durante a protesta, que se desenvolveu de 12.00 a 12.30 horas, berráronse consignas como «A solución, rescatar a concesión», «A culpa de quen é? Do PSOE e do PP» ou «A privatización é corrupción» e reclamouse a dimisión do xerente da EOXI e do conselleiro de Sanidade. Durante uns minutos tamén se interrompeu o tráfico na zona.

Ademais, solicitouse o rescate do ‪‎Hospital Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública, o uso sanitario do Anexo I do antigo hospital Xeral, a apertura da todas as camas de hospitalización que permanecen pechadas durante o verán e un plan de choque para reducir as listas de espera, ademais de rexeitar calquera derivación á sanidade privada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.