'Qué te cuentas?'

Cristian García, renova co Seis do Nadal-Coia para disputar a Liga EBA

12990906_10208989074345241_6540309281161282367_nCristian García convértese na nova renovación do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para o equipo que competirá na Liga EBA por primeira vez na historia da entidade e despois do Ascenso conseguido a pasada tempada 2015/2016.

Cristian García, nado no ano 1993 e alero de 1,85 m., formouse como xogador de baloncesto no Eduardo Blanco Amor de Ourense desde a tempada 2000/2001 en categoría benxamín ata categoría sénior. Como xogador sénior competiu co Universitario Campus de Ourense ata a pasada tempada 2015/2016 na que se incorporou ao Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Desta forma Cristian cumprirá a súa segunda tempada no club vigués despois de ser parte implicada, na súa primeira tempada no club, do Ascenso conseguido na Fase de Ascenso a Liga EBA disputada en Culleredo. O xogador non dubidou en confirmar a súa presenza no novo equipo de Liga EBA despois da experiencia vivida a tempada pasada e da súa rápida adaptación ao equipo e ao club.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.