Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

SOS Sanidade Pública e Xunta de Persoal convocan unha nova concentración este xoves, diante do Xeral

manifa2A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal, «a pesares das datas nas que nos atopamos e sendo conscientes do esforzo que supón», convocan unha concentración o xoves 21 de xullo na rúa Pizarro, diante das antigas urxencias do Xeral, ás 8 da tarde.

Na mesma reclamarán o rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro; o uso sanitario do Anexo I do Xeral; apertura de todas as camas de hospitalización; apertura da Unidade de Críticos do Meixoeiro; acabar coas derivacións de pacientes á Sanidade Privada e un plan de choque para reducir as listas de espera.

Diante do feito de que o Servizo de Saúde (SERGAS) pretende destinar á Cidade da Xustiza a Torre do edificio do antigo Hospital Xeral de Vigo xunto co Anexo I do mesmo, «dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal queremos instar á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade a non devolver os Anexos do antigo Xeral á Seguridade Social e manter o seu uso sanitario».

A atención sanitaria da área de Vigo precisa dedicar a uso sanitario os Anexos I (12,672 m2) e II (8,022 m2), para «situar neles servizos moi necesarios para Vigo como un Centro de Alta Resolución, un servizo de Cirurxía Minimamente Invasora (mantendo o Bloque Cirúrxico existente), un Bloque de Consultas Externas e Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais (necesarios para reducir as listas de espera), un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais; unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia, e manter o Servizo de Urxencias Extrahospitalario, o Servizo de Rehabilitación e o Centro de Orientación Familiar».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.