Galicia

Apagado o lume de Lobios logo de arrasar 67 hectáreas

LumeMedio Rural anunciou hoxe pola mañá que o lume que arrasou 67 hectáreas no concello de Lobios está xa apagado. Os equipos de loita contra o incendio foron quen de controlar as lapas este mesmo martes a última hora e hoxe deron por extinguido o incendio.

En apenas dúas semanas, o lume arrasou 115 hectáreas de monte na provincia de Ourense: o incendio de Carballeda de Valdeorras queimou máis de 37, o de Monterrei, que segue activo, xa supera as 12 e o de Lubios que chegou a 67.

También te puede interesar