Vigo al minuto

O Concello anuncia a ampliación do Servizo de Axuda no Fogar de 700 a 800 veciños de Vigo

Axuda no fogarO alcalde anunciou este  venres que o  Servizo de Axuda no Fogar, ampliará  a súa prestación en 5.000 horas mensuais para poder atender a 100 usuarios máis.

Segundo explicou Caballero, o goberno local aprobou o expediente e os pregos de condicións dun contrato a catro anos licitado en case 20 millóns de euros, a razón de case 5 millóns en cada exercicio. Co Servizo de Axuda no Fogar, o Concello ofrece atención a persoas e familias no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu entorno habitual.

Actualmente os beneficiarios deste programa ascenden a uns 700, que pasarán a 800 unha vez entre en funcionamento o novo contrato.

También te puede interesar