Galicia Sucesos

Morre un percebeiro ao caer á auga na Mariña lucense

Salvamento

Un percebeiro faleceu este mércores na costa de Xove despois de caer ao mar na zona dos Netos, en Punta Roncadoira, na Mariña lucense. Os feitos producíronse sobre as 17.00 horas, cando o home estaba a traballar xunto a varios compañeiros.

O corpo da vítima foi rescatado polo helicóptero Pesca 2, que trasladou o cadáver ata o Hospital da Costa, en Burela. Ata a zona desprazáronse efectivos de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, Urxencias Médicas, GES de Cervo, Protección Civil e Garda Civil.

No operativo tamén participaron a Salvamar Alioth e outras embarcacións, como unha zodiac do GES. Os efectivos sanitarios, pola súa banda, desprazáronse ás proximidades da Punta Roncadoira cunha ambulancia.

También te puede interesar