Cultura Destacados

Los Suaves, Manuel Gallego, Francisco Leiro e Basilio Losada, galardoados coa Medalla de Ouro de Galicia

los suaves

É un «agradecemento» a todas aquelas persoas, institucións e fundacións que «honra á nosa terra» coa súa actividade e «fai unha mellor Galicia». Ese é o obxectivo da Medalla de Ouro de Galicia, que este ano será entregada ao arquitecto Manuel Gallego, ao artista Francisco Leiro, ao profesor e escritor Basilio Losada e ao grupo musical Los Suaves.

Este galardón entregarase aos premiados nun acto solemne que se celebrará o vindeiro 24 de xullo.

Galardoados

O carballinés Manuel Gallego, cunha ampla traxectoria arquitectónica como o Museo de Belas Artes da Coruña ou o Completo da Xunta en Monte Pío, será galardoado pola súa actividade para promoconar a cultura galega, xa que foi fundador do Museo do Pobo Galego en 1976 e membro do Seminario de Estudos Galegos e da Fundación Seoane. Ás súas costas figuran premios como o Nacional de Arquitectura ou a Medalla Castelao.

O cambadés Francisco Leiro é unha das «principais referencias da escultura galega» e conta cunha prolífica obra tamén como pintor. Moitas das súas obras son iconas recoñecidas dalgunhas cidades galegas e españolas, como o ‘Sireno’, na Porta do Sol de Vigo, a ‘Homenaxe a Castelao’, na Alameda de Santiago de Compostela; ou a ‘Batea’ sobre o río Lérez.

Pola súa banda, o catedrático en Filoloxía Románica, Galega e Portuguesa Basilio Losada converteuse nos anos 60 e 70 en referencia da cultura galega en Cataluña. É autor de numerosos estudos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira, e ten traducido 150 libros en sete linguas. Premio Nacional de Tradución, Creu de Sant Jordi, Medalla Castelao e Premio Otero Pedrayo,  en 2015 entrou na Real Academia Galega como académico de honra.

O grupo ourensán Los Suaves conforma “unha das bandas con maior soleira do panorama musical da nosa terra”. Formada inicialmente polos irmáns Yosi, Charly e Javier Domínguez nos anos oitenta, comezaron os seus primeiros acordes no rock máis urbano para ir camiñando cara un son máis influenciado polo heavy metal. Tendo actuado xunto a grupos como Los Ramones ou The Rolling Stones, asentáronse como unha das bandas máis consolidadas da escena do rock español chegando a vender máis de dous millóns de discos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.