Destacados Vigo al minuto

Verán quente de mobilizacións en Vigo en defensa da sanidade pública

concentracion cunqueiroA Xunta de Persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade Pública preparan un verán quente de mobilizacións cun intenso calendario de protestas para o mes de xullo que podería estenderse tamén a agosto.

A primeira cita terá lugar este xoves 14 de xullo ás 12.00 horas na porta de consultas externas do Hospital Álvaro Cunqueiro, co obxectivo de reclamar o seu rescate para a sanidade pública. A continuación desenvolversanse novas protestas o 21 de xullo na antiga entrada de Urxencias do hospital Xeral (20.00 horas) e o 28 na sede do Sergas na rúa García Barbón (12.00 horas).

Unha vez rematado o calendario reivindicativo, xunta de persoal e SOS Sanidade avaliarán a posibilidade de repetir o ciclo de mobilizacións no mes de agosto para seguir a reclamar tamén a apertura de todas as camas de hospitalización, a posta en marcha da unidade de críticos no Hospital Meixoeiro, un plan de choque contra as listas de espera e acabar coas derivacións á sanidade privada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.