Cultura Destacados

Vigo sonríe… en Príncipe

A segunda edición do Vigo sonríe encherá a rúa Príncipe con 96 fotografías de rostros amables de vigueses amosando a mellor das súas sorrisas ata o vindeiro 30 de setembro.

Son 96 imaxes doutros tantos cidadáns anónimos agrupadas nunha montaxe coordinada polo fotógrafo Javier Teniente que busca crear unha cidade “moderna e distinta”.

Esta iniciativa forma parte do programa de medianeiras, dotado de 224.000 euros e a través do que os artistas seleccionados decorarán catorce espazos da cidade, en Hispanidade, II República, Avda Atlántida, Torrecedeira, San Gregorio, Eduardo Cabello, Fragoso, Florida, o parque de Navia, López Mora, Praza de España, escaleiras entre Torrecedeira e Marqués del Valterra e a nave da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de San Miguel de Bouzas.

También te puede interesar