Vigo al día

1,1 millóns de euros para humanizacións nas rúas Llorente e Rosalía de Castro

humanizacion

O Concello de Vigo vén de aprobar dous novos proxectos de humanización: a primeira fase da rúa Llorente e o treito de Rosalía de Castro que une Canceleiro con Serafín Avendaño, nas que se investirán 1,1 millón de euros.

Na rúa Llorente a humanización abarca desde Torreceira ata Pi y Margall cun orzamento de licitación próximo aos 220.000 euros, cun prazo estimado de tres meses de obras. A mellora contempla a renovación das redes de servicios, da iluminación e do pavimento, incluindo a ampliación das beirarrúas. Tamén se instalarán bancos, xardinerias e arbolado, cun novo sistema de rego.

A humanización de Rosalía de Castro irá desde Canceleiro ata Serafín Avendaño e contará cun orzamento de case 880.000 euros para un prazo estimado de catro meses de traballo. A remodelación continuará os estándares das fases anteriores no mesmo vial, con novo pavimento, novas redes de servizo e alumeado LED, ademais de bancos, xardineiras e máis de 230 metros cadrados de superficie verde.

Ademais esta nova fase da humanización de Rosalía de Castro conlevará unha nova glorieta no cruce da nomeada rúa con Serafín Avendaño, onde agora opera unha provisional.

También te puede interesar