Galicia

Unha muller falece nunha noite complicada nas estradas galegas

ambulancia-4

Unha muller morreu este venres en Viana do Bolo tras sufrir un accidente de moto na OU-553, na parroquia de Bembibre.

O sinistro produciuse sobre as 21.00 horas cando, por causas que se desconocen, a muller, que viaxaba como acompañante nunha moto, saíu despedida e nada puido facerse por salvarlle a vida.

Ata o lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Médicas, os membros do GES da Gudiña, os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

Fin de semana complicado

Así comezou un fin de semana complicado nas estradas galegas. Arredor das 06.30 horas desta madrugada dous turismos colidían na N-550, a escasos metros da vila coruñesa de Ordes. O golpe provocou feridas moi graves a un dos condutores, que, ademais, quedou atrapado no interior do vehículo.

Foi liberado polos bombeiros da localidade e posteriomente trasladado por Urxencias Médicas ao complexo hospitalario de referencia. O outro condutor implicado no accidente foi quen contactou co 112 Galicia para pedir axuda.

Por outra banda, ás 22:30 horas de onte, en San Sadurniño, outro vehículo se saíu da vía cando circulaba pola autovía AG-64 e quedar nun conduto polo que corre a auga recollida da autovía. Tres persoas viaxaban no interior e dúas delas, piloto e copiloto, quedaron atrapadas no interior. O condutor presentaba feridas graves.

Ademais, en Betanzos, preto das 00.00 horas un turismo bateu contra unha furgoneta estacionada no arcén da AC-542, en Infesta. O coche quedou encaixado debaixo da furgoneta pero, pese ao golpe, o condutor estaba liberado e accesible, aínda que si necesitou asistencia sanitaria.

Por último, en Lousame, arredor das 04.00 horas da madrugada, un vehículo caeu dende unha ponte e foi parar ao río Tállara. Despois de revisar a zona, os servizos de emerxencias só atoparon a unha persoa no interior, que aseguraba non ser o condutor e que, ademais, estaba atrapada. Foi liberado polos Bombeiros de Boiro e trasladado posteriormente por unha ambulancia de Urxencias Médicas.

También te puede interesar