Ciencia y Tecnología Galicia

Nace a app A liña do galego, un buzón dixital de parabéns, suxestións ou queixas polo uso do galego

applingua

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou este mércores a aplicación A liña do galego, unha app para dispositivos móviles coa que mellora o servizo de asesoramento, queixas e parabéns que esta entidade presta de xeito gratuíto dende 2007.

O obxectivo desta aplicación, deseñada por Imaxin Software, é proporcionar unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Disponible no Play Store e na Apple Store, unha vez descargado o usuario terá que rexistrarse e terá á súa disposición un sinxelo formulario para o envío de queixas e parabéns no que tamén se pode adxuntar fotografías, arquivos ou documentos. Aínda que as denuncias non poderán ser anónimas, si que se garantirá a confidencialidade de todos os datos.

A través deste departamento físico, a Mesa tramitou case 200 expedientes, a maioría de queixa por vulneración de dereitos lingüísticos cos que se elaborou un informe presentado a organismos internacionais como o Consello de Dereitos da ONU, o Consello de Europa ou o Parlamento Europeo. No que vai de ano xa se igualaron o número de expedientes de todo 2015.

También te puede interesar