Comarcas Destacados

Os Biosbardos abre as portas da súa casa cunha exposición no CC Travesía

biosbardos04

Cans e gatos, xuntos e ben avenidos na Asociación Protectora de Animais os Biosbardos. Son o que reflicten as fotografías que esta entidade amosará durante todo o mes de xullo no Centro Comercial Travesía, unha exposición coa que trata de chamar a atención sobre a labor que desenvolve e captar socios, voluntarios e outro tipo de axudas.

biosbardos03Creada en xaneiro de 2011 tras a unión do voluntariado do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas, esta asociación é responsable dunha media de 250 animais, moitos deles en fogares de acollida. Un traballo que non dá tregua, xa que neste último ano 194 animais foron rescatados da rúa e outros 124 foron adoptados.

Os animais acollidos son coidados coa maior dignidade posible dentro dos limitados recursos cos que conta a asociación co fin de atoparlles a todos e cada un deles «un verdadeiro final feliz mediante unha adopción meditada e responsable».

biosbardos06Este refuxio funciona exclusivamente grazas ao traballo diario e desinteresado do voluntariado, xa que ten como único modo de subsitencia as achegas de socios, madriñas, padriños, donativos de persoas colaboradoras e o recaudado coas diversas actividades que o voluntariado realiza.

Por iso, se non podes adoptar ou ademais queres, podes colaborar de moitos xeitos: acollendo de forma temporal ou definitiva, amadriñando ou apadriñando un animal, facerte voluntario, doazóns económicas facendo o ingreso na conta bancaria ou dando obxectos que poidamos vender para recadar fondos, mercando na tenda virtual ou nos postos que montan en diversas festas e mercadillos da comarca ou facerse teamer por un euro ao mes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.