Comarcas Galicia

Ruta do pincho, de senderismo e food-truck, novidades da XI Festa do Tinto Rías Baixas nas Neves

festaviño01

A primeira ‘Ruta Pincho Rías Baixas’, unha ruta de senderismo con visita ás adegas vinculadas á Ruta do Viño Rías Baixas e diferentes food-truck son as principais novidades que trae baixo o brazo a XI Festa do Tinto Rías Baixas, que se celebrará nas Neves os próximos 9 e 10 de xullo.

A gran novidade desta undécima edición será a celebración da primeira ‘Ruta Pincho Rías Baixas’ nos establecementos de hostelería locais, que acollerán degustacións de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas maridados con pinchos elaborados especialmente para a ocasión polos hosteleiros das Neves. O concurso desenrolarase dende este venres 1 de xullo e ata o venres 8 de xullo.

O programa de actividades inclúe unha actuación do grupo de teatro Limiar, que representará ‘A lingua na boca’ no auditorio municipal das Neves o mércores 6 de xullo ás 21:00 horas. Unha representación incluida no Ano Castelao, da Diputación Provincial de Pontevedra.

Cata profesional con Pedro Ballesteros

7 de xullo a protagonista será a cata profesional a cargo de Pedro Ballesteros, único Master of Wine español, que tendrá lugar no mercado municipal das Neves a partir das 18:00 horas. A participación é totalmente gratuita, aínda que é necesario inscripción previa a través dos e-mails [email protected] e [email protected] ou mediante o teléfono 986 648 038.

A programación previa da festa completarase o venres 8, a partir das 21:00 horas, cunha cata maridaxe no Mercado Municipal. Neste caso, o prezo será de 15 euros e os interesados deberán inscribirse, con fecha límite do 6 de xullo, a través do mail [email protected] ou do teléfono 686 978 607.

festaviño02

Apertura da festa

Este ano a Festa do Tinto Rías Baixas incluirá como novidade a celebración dunha ruta de senderismo e unha visita ás adegas vinculadas á Ruta do Viño Rías Baixas, durante a mañá do venres 9 de xullo. Unha actividade gratuita e de prazas limitadas para a que hai que anotarse ata o 7 de xullo a través do correo [email protected] ou nos teléfonos 986 09 10 88 ou 687 523 230.

Os stands da festa abrirán as súas portas na Praza Maior das Neves tanto o venres como o sábado en horario de 11:00 a 21:00 horas. No espazo habilitado para la hostelería, este ano incluirase unha novidade: varias Food-Truck, camións restaurante que complementarán a oferta tradicional e autóctona. O grupo Ronco & Fol realizará unha actuación ás 12:00 horas e amenizará musicalmente toda a xornada.

Túnel do Viño

Paralelamente, o sumiller Nacho Costoya guiará un Túnel do Viño no Mercado Municipal. Esta actividade supón unha oportunidade única para coñecer os tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas, a través das indicacións deste profesional do sector. Ata o de agora, están confirmadas 36 marcas dunha quincena de bodegas que se poderán degustar en dito Túnel do Viño.

O prezo da entrada a este Túnel do Viño será de 10 euros. O seu horario será o sábado 9 de xullo, de 12:30 a 14:30 e de 20:30 a 22:00 horas, e o domingo 10 de xullo, en horario de 12:30 a 14:30 horas.

Pregón

O pregón desta celebración terá lugar o sábado 9 de julio, ás 13:00 horas, a cargo de Pablo Américo Saa González, profesor de Viticultura e Enoloxía do CIFP A Granxa (Ponteareas). Cerrará a Xornada a actuación musical de Pelepau, que dará comenzo ás 22:30 horas.

O domingo 10 de xullo a nota musical correrá a cargo da Banda de Música Popular de Rubiós, ás 13:00 horas. Xunto con eles, a partires das 18:00 horas, a compañía Isla e Triska presentará o espectáculo infantil “Le Triska Inmobile”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.