Destacados Vigo al minuto

3,5 millóns de euros para a humanización de Camelias, Álvaro Cunqueiro e Estorniño

Corte-tráfico

A Xunta de Goberno local aprobou este venres os proxectos de humanización da rúas Álvaro Cunqueiro, Estorniño e Avenida de Camelias, nos que se investirán case 3,5 millóns de euros.

A humanización da rúa Álvaro Cunqueiro afectará á súa coroa circular interior, onde se renovará a beirarrúa; as redes de augas fecais, de rego e semafórica; o mobiliario urbano e a iluminación, que contará cun orzamento de 1.250.000 euros e estará lista nun prazo estimado de catro meses.

Pola súa banda, a humanización da Avenida das Camelias será entre as rúas Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez e incluirá a substitución das tubaxes de fibrocemento por fundición, nova canalización de PVC, renovación do pavimento, das beirarrúas e a instalación de bancos, papeleiras e xardineiras cun investimento de un millón de euros.

No caso da rúa Estorniño, as obras abranguerán desde a avenida Alcalde Gregorio Espino ata a rúa Gaivota ampliando as beirarrúas e o espazo para os peóns, renovando o saneamento, abastecemento, o mobiliario urbano e coa novidade da plantación de 12 cereixeiras nos espazos axardinados. O investimento será de algo máis de 1,1 millóns de euros euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.