Vigo al día

Os traballadores pechados no Meixoeiro fan un chamamento a participar na manifestación do día 22

2016 06 15 ConcentracionMeixoeiroApoioAreasSanitarias17A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e a plataforma SOS Meixoeiro desenvolveron este mércores ao mediodía unha concentración na entrada do Meixoeiro para “agradecer o apoio das outras áreas sanitarias de Galicia” que hoxe se mobilizaron para denunciar o peche de 1.200 camas durante o verán e amosar a súa solidariedade cos traballadores pechados no centro vigués.

A concentración tivo lugar durante 20 minutos e os participantes no peche e numerosos traballadores berraron consignas como “¡Xerente dimisión!”, “¡O Meixoeiro querémolo enteiro!” ou “¡Conselleiro dimisión!”.

concentracion-meixoeiro-02Acto seguido regresaron ao interior do edificio para continuar co peche iniciado o pasado día 1 de xuño para rexeitar o desmantelamento do hospital e reivindicar a súa importancia dentro do sistema sanitario público.

Ao remate da protesta lembraron que todas as mobilizacións que están a desenvolver “son para defender a sanidade pública universal, gratuíta e de calidade” e fixeron un chamamento a participar na manifestación convocada para o vindeiro mércores día 22 de xuño.

También te puede interesar