Destacados Vigo al minuto

SOS Sanidade Pública respalda o peche indefinido no Meixoeiro

peche meixoeiro sanidade publica

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo decidiu apoiar o peche indefinido que se está a realizar no Meixoeiro dende o pasado 1 de xuño e participará na manifestación convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria e por SOS Meixoeiro para o vindeiro 22 de xuño dende a entrada principal deste hospital (20.00 horas).

SOS Sanidade Públcia tomou a decisión de apoioar estas medidas xa que as demandas dos promotores das mobilizacións coinciden plenamente coas da plataforma e que pasan pola apertura de todas as camas de hospitalización, a apertura da Unidade de Críticos, a paralización das derivacións á sanidade privada e por crear un plan de choque contra as «escandalosas» listas de espera».

Por outra banda, a plataforma considera que a reordenación da área sanitaria debería basearse «na integración de todos os recursos asistenciais para evitar a fragmentación e descoordinación» entre centros, servizos e niveis asistenciais e na creación de novos recursos para completar unha oferta asistencial «racional e axustada ás necesidades e ao volume da poboación».

Por iso reclama que se manteña o funcionamento como hospital xeral programado sen Urxencias, pero recuperando as camas e recursos recortados; que se concentre a actividade oncolóxica alí aproveitando a dotación tecnolóxica específica dispoñible; concentrar tamén os recursos de cirurxía programada da área aproveitando quirófanos e camas cirúrxicas; consolidar a Unidade de Coidados Paliativos e manter unidades de diagnose por imaxe e laboratorio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.