Destacados Vigo al minuto

Música para loitar contra o desmantelamento do Meixoeiro

concerto sos meixoeiroSOS Meixoeiro quere poñerlle música ás súas reivindicacións. Por iso, este sábado 11 de xuño organizan un concerto solidario da man de ‘La Banda de Mazinger’, un grupo vigués co que o público poderá facer un repaso polos mellores temas do pop-rock español dos anos 80.

Con este concerto, que comezará ás 12.00 horas, a plataforma quere denunciar o “lamentable” estado da sanidade pública e loitar para intentar evitar a súa total privatización e “especulación cos nosos impostos”.

Nova manifestación

Por outra banda, a plataforma SOS Meixoeiro e Xunta de Persoal convocan unha nova manifestación para o vindeiro mércores 22 de xuño (20 h) na entrada do Hospital do Meixoeiro para pedir a apertura de todas as camas de hospitalización do centro, a apertura da Unidade de Críticos, un plan de choque para reducir as listas de espera, que non se deriven pacientes á sanidade privada e que haxa unha sanidade 100% pública.

También te puede interesar