Galicia

Un morto e 68 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

ambulancia-4

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que asistir a 69 persoas, unha delas falecida, tras 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas durante esta fin de semana.

O sábado foi o día con maior número de sinistros, 19, mentres que por provincias A Coruña foi a que máis incidentes rexistrou, con 22, seguida de Pontevedra (15), Ourense (5) e Lugo (4). O 60% dos atendidos foron homes e, por idades, o 40,5% tiña entre 20 e 34 anos.

En 62 dos casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios, outros seis foron atendidos no lugar do sinistro e unha persoa falecía no acto. As ambulancias asistencias mobilizáronse en 51 ocasións, as ambulancias convencionais asistiron en 7 ocasións e os médicos de Atención Primaria tiveron que acudir a seis sinistros.

También te puede interesar