Destacados Vigo al día

Un investimento de 500.000 euros para humanizar a rúa Aragón

humanizacion

A xunta de goberno local acaba de dar luz verde á cuarta fase do proxecto de humanización da rúa Aragón, que incluirá unha nova glorieta no cruce coa rúa Bailén. 

Cun orzamento de case 500.000 euros, os traballos estenderanse uns 400 metros e durarán uns 5 meses. Nelas renovarase o pavimento, substituiranse redes de saneamento e abastecemento, realizaranse melloras na iluminación con novos puntos led, modificarase a rede semafórica, instalaranse novas xardineiras e reorganizaranse as prazas de aparcamento.

Bolsas para libros e comedor

Por outra banda, este mércores aprobáronse as bases reguladoras para a concesión de axudas municipais para libros, material escolar e comedor para o curso 2016-2017. Os destinatarios son alumnos de infantil, primaria e secundaria de centros públicos e concertados e os interesados contarán con 20 días para formalizar as solicitudes logo da publicación das bases no BOP.

Contará cunha partida de 1,2 millóns de euros, dos que preto de 1,1 son para axudas de comedor, unha cantidade á que hai que sumar outros 600.000 euros que se xestionan a través de Foanpas.

En canto ás axudas de comedor, están a outorgarse unhas 5.000 anuais.

También te puede interesar