'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O Pleno do Concello aproba pedir a Feijóo que cese ao delegado do Goberno galego en Vigo

PlenoO Pleno do Concello aprobou este luns, cos votos afirmativos dos concelleiros do Partido Socialista, os contrarios do Partido Popular e a abstención de A Marea, instar ao Goberno de Galicia a que cese ao seu delegado na cidade, Ignacio López-Chaves, pola súa xestión á fronte da Autoridade Portuaria, primeiro, e na Delegación da Xunta, agora.

Segundo o socialista Carlos López Font, López-Chaves aproveitou os seus postos “non para traballar polos vigueses senón para facer unha labor de oposición ao alcalde”. O concelleiro do PSOS cualificou ao delegado de “referente anti Vigo” por encargo do presidente Feijóo, unha tarefa á que se adicou, engadiu Font, “con entusiasmo”.

O voceiro de A Marea de Vigo, cualificou a moción do PSOE de “cese en diferido” e asegurou, con retranca que “si empezamos a pedir o cese pola xestión en anteriores cargos, teríamos que debater miles de mocións semellantes neste Pleno”.

Pola súa banda a popular Elena Muñoz, logo de gabar o traballo de López-Chaves, e de cualificar a moción socialista de “política de preada” , sinalou que se houbese que pedir o cese por malas xestións anteriores, poderíase pedir a do ministro de Transportes do Goberno do Estado de 1985 a 1988, “que non é outro que Abel Ramón Caballero”, ou a do presidente do Porto de Vigo de 2005 a 2007, “que é o actual alcalde”.

Muñoz subliñou que Caballero, coma presidente da Autoridade Portuaria, “colapsou o tráfico de contedores, gastou 2 millóns de euros en una maqueta de Jean Nouvel e contratou no Porto a familia e amigos de cargos do PSOE”.

También te puede interesar