'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O Pleno do Concello aproba pedir a Feijóo que cese ao delegado do Goberno galego en Vigo

PlenoO Pleno do Concello aprobou este luns, cos votos afirmativos dos concelleiros do Partido Socialista, os contrarios do Partido Popular e a abstención de A Marea, instar ao Goberno de Galicia a que cese ao seu delegado na cidade, Ignacio López-Chaves, pola súa xestión á fronte da Autoridade Portuaria, primeiro, e na Delegación da Xunta, agora.

Segundo o socialista Carlos López Font, López-Chaves aproveitou os seus postos “non para traballar polos vigueses senón para facer unha labor de oposición ao alcalde”. O concelleiro do PSOS cualificou ao delegado de “referente anti Vigo” por encargo do presidente Feijóo, unha tarefa á que se adicou, engadiu Font, “con entusiasmo”.

O voceiro de A Marea de Vigo, cualificou a moción do PSOE de “cese en diferido” e asegurou, con retranca que “si empezamos a pedir o cese pola xestión en anteriores cargos, teríamos que debater miles de mocións semellantes neste Pleno”.

Pola súa banda a popular Elena Muñoz, logo de gabar o traballo de López-Chaves, e de cualificar a moción socialista de “política de preada” , sinalou que se houbese que pedir o cese por malas xestións anteriores, poderíase pedir a do ministro de Transportes do Goberno do Estado de 1985 a 1988, “que non é outro que Abel Ramón Caballero”, ou a do presidente do Porto de Vigo de 2005 a 2007, “que é o actual alcalde”.

Muñoz subliñou que Caballero, coma presidente da Autoridade Portuaria, «colapsou o tráfico de contedores, gastou 2 millóns de euros en una maqueta de Jean Nouvel e contratou no Porto a familia e amigos de cargos do PSOE”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.