RGPD - Cookies
Galicia

Comezan a funcionar a bombas de achique na fervenza do Fecha para o rescate do corpo do excursionista luso

axega

Quinto día no que os equipos de rescate intentan recuperar o corpo do excursionista portugués que desapareceu o pasado sábado mentres practicaba baranquismo en Lobios. Despois de varios intentos sen éxito, os rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do helicóptero Pesca I conseguiron depositar onte as bombas de achique coas que agardan reducir o caudal da fervenza do río Fecha.

O obxectivo é facilitar o acceso dos rescatadores ao lugar onde se atopa o corpo do mozo luso, que quedou encaixado nunha fenda debaixo dunha fervenza deste río ao seu paso pola parroquia de Río Caldo. As bombas de achique puxéronse en funcionamento este mércores e ao longo da xornada de hoxe iranse incorporando aos labores de rescate os efectivos do GES de Lobios e membros da Garda Civil.

Este mozo portugués practicaba barranquismo na zona con outros dous compañeiros. Ás 22.30 horas do sábado unha chamada ao 112 Galicia alertaba de que dous destes excursionistas quedaran atrapados baixo a fervenza, que se conseguira rescatar a un pero que o outro permanecía na zona. Nese intre activouse o Plan Ariem 112, que facilita a coordinación de emerxencias entre os efectivos galegos e do norte de Portugal, aínda que non se puido chegar ao punto onde estaba o rapaz durante a noite pola dificultade de acceso á zona.

También te puede interesar