Deportes Vigo al minuto

Máis de 400.000 euros para a renovación do céspede dos campos do Comesaña e Monte da Mina

campo futbolO Concello de Vigo aprobou o proxecto de renovación do céspede artificial dos campos de fútbol do Comesaña e do Monte da Mina. Para estas obras, enmarcadas no convenio de colaboración asinado entre concello e Deputación de Pontevedra, investiranse 400.000 euros para a substitución do céspede artificial. O concello vén de abrir o periodo de licitación e está previsto que as obras se adxudiquen en breve.

Por outro lado, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da contratación dos servizos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello. O contrato, cun importe de 400.000 euros anuais, terá vixencia durante os anos 2016 e 2017 coa posibilidade de ser prorrogado dous anos máis, en 2018 e 2019.

O concello presta este servizo nos dez areais que contan con bandeira azul na cidade: A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada (Alcabre), Samil, O Vao, Fontaíña (Coruxo), Canido (San Miguel de Oia), Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras (Illas Cíes).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.