RGPD - Cookies
Comarcas

A Deputación fai a Fornelos un préstamo de 49.500 euros sen xuros

fornelos2-01

Deputación de Pontevedra e concello de Fornelos de Montes asinaron este martes o convenio para a concesión dun crédito de 49.500 euros para operacións de tesourería neste municipio. Trátase dun dos empréstitos sen xuros para os concellos de menos de 50.000 habitantes que o organismo provincial outorga para o financiamento de inversións, operacións de tesourería, necesidades urxentes ou desfases transitorios.

O alcalde mostrou o se agradecemento á Presidenta pola concesión desta liña de crédito pero, sobre todo, porque sexa sen ningún tipo de xuro o que redunda nun dobre beneficio para o concello ao garantir a liquidez sen coste engadido. Pola súa parte, Carmela Silva recordou que a aposta por préstamos sen xuros é unha resposta obrigada da institución provincial dada a situación delicada da tesourería de moitos concellos.

En 2016 é a primeira vez que a Deputación provincial saca esta liña de créditos en réxime de  concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros para os municipios. Ademais de Fornelos de Montes, outros seis concellos -Catoira, Silleda, Poio, Pazos de Borbén, A Cañiza e Salceda de Caselas- se benefician desta iniciativa, na que o ente provincial inviste 1.137.708,7 euros.

Ademais, na Xunta de Goberno do pasado venres aprobouse unha segunda convocatoria para a concesión deste tipo de préstamos a concellos, por valor de 362.291,28 euros

También te puede interesar