Vigo al día

Máis de 100 camas pechadas no Hospital do Meixoeiro

Meixoeiro2

Un total de 105 camas pechadas, 30 máis durante as fins de semana. Esa é a realidade do Hospital do Meixoeiro á falta de que cheguen as cifras do tradicional peche de camas que se produce durante o verán, segundo denuncia a CIG, un peche que non descartan que se produza tamén no Hospital Álvaro Cunqueiro.

tabla peche camas meixoeiroNestes intres permanecen pechadas 60 camas na planta terceira e 30 na sexta, ademáis de que na planta quinta ala 1 non se superan os 15 pacientes “para non contratar máis persoal, todo mentre se están a derivar pacientes á sanidade privada”, asegura o sindicato.

Por estes motivos, a CIG esixe ao Sergas que non se pechen máis camas no verán, que se abran as pechadas no Meixoeiro e que se dote a este hospital de servizos “que permitan incrementar a súa capacidade asistencial atendendo a pacientes de maior complexidade, como unha unidade de coidados de pacientes críticos”. Piden que “non se prescinda de recursos” que poderían ser utilizados “para recortar as intolerables listas de espera cirúrxicas que padecemos na nosa área sanitaria”.

También te puede interesar