RGPD - Cookies
Comarcas

As rúas máis más transitadas de Nigrán, ben sinalizadas

 

nigran11O concello de Nigrán quere darlle máis relevancia ás súas parroquias. Para iso, este mes finalizará un plan de sinalización coa colocación de 24 letreiros reflectores situados estratexicamente nos viarios  máis transitados das parroquias do municipio. Cun investimento de 1.000 euros, con esta iniciativa localizaranse zonas que permanecían sen ningún tipo de distintivo toponímico ou que estaban deterioradas.

O municipio de Nigrán está composto por sete parroquias (Nigrán, Panxón, San Pedro, Parada, Camos, Chandebrito e Priegue) e os novos sinais colocaranse en viarios como a estrada da Vía, en Panxón; a Avenida de Portugal, en A Ramallosa; na rúa dos Pazos, en Camos; ou, por exemplo, na PO-331, en Parada.

También te puede interesar