Vigo al minuto

Vigo venda os ollos en solidariedade coa diversidade funcional

enki invidentes 01

Os monumentos de Vigo amaneceron hoxe cos ollos vendados. Trátase dunha nova iniciativa do Proxecto Enki para promocionar a I Carreira de Obstáculos pola Integración, que se celebrará o vindeiro 29 de maio. Julio Verne (As Avenidas), O Bañista (A Laxe), Manuel Castro (Príncipe), o Monumento ao Traballo (Gran Vía), o Monumento ao Ferreiro (PRaza da Industria), Homenaxe á Inmigración (porto de Vigo) e o Dinoseto (Porta do Sol) serán invidentes por uns días como símbolo das dificultades diarias que deben de superar as persoas con diversidade funcional.

enki invidentes 02Monumentos invidentes é a terceira iniciativa do Proxecto Enki para promocionar a carreira, tras cubrir un vehículo con post-its na Farola ou tras a xornada ‘Xuntos construímos un mundo mellor’ no Marco. A I Carreira de Obstáculos pola Integración celebrarase o 29 de maio na zona do Náutico, A Laxe e As Avenidas para concienciar á poboación sobre as barreiras e dificultades que deben de superar na súa vida cotiá as persoas con diversidade funcional.

Promovido pola Fundación Abrente co apoio de Aspanaex, Concello de Vigo e Obra Social La Caixa, durante a carreira tamén se celebrará a Feira da Solidariedade cos colectivos Alento, Asperga, Down Vigo, DOA, Asociación Parkinson Vigo, ASEM, ONCE, Aspace Amencer, Apamp, Faxpg, Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Discamino, Asociación West Galicia, Teave e Amfiv.

enki invidentes 03Non é un evento competitivo, senón que busca a diversión e a inclusión. Trátase dunha carreira de obstáculos adaptada, con guerra de cores, escuma, laberinto de cordas, balóns de humor amarelo… na que se pode participar de xeito individual ou en grupos. A carreira está aberta a todos os públicos e a inscripción custará 7 euros, 5 para persoas con diversidade funcional e 7 para aqueles que queiran participar cun donativo na Fila 0.

También te puede interesar