RGPD - Cookies
Deportes Destacados

Máis de 1.500 nenos saen á rúa a xogar ao balonmán

DSC03772-01

Balonmán na rúa como festa de clausura das Escolas Deportivas da Federación Galega de Balonmán e a Deputación de Pontevedra desta tempada. Vigo celebrou hoxe a novena edición desta festa con casi 300 partidos disputados por 142 equipos inscritos e una 1.500 nenos e nenas de diferentes escolas e clubs da provincia.

DSC03766-01Durante toda a xornada lúdico deportiva, rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos disputaron 300 partidos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín mixto e infantil masculino e feminino nos 10 campos dispostos na rúa Arenal, dende a rúa Serafín Avendaño a Oporto.

A categoría con máis participación foi a alevín mixta cun total de 51 equipos, seguida pola benxamín mixta con 48 conxuntos. Ao finalizar a competición, todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa. En total, entre deportistas, técnicos e árbitros, participaron máis de 1.900 persoas neste día de deporte e convivencia.

DSC03763-01O Día de Balonmán na Rúa é o broche de ouro ás Escolas Deportivas da Deputación Provincial, que se celebran entre os meses de outubro e maio. Dende hai xa nove anos a Federación Galega de Balonmán conta co patrocinio da Deputación para a celebración destas escolas, que achegan o balonmán aos máis pequenos. As Escolas Deportivas da Deputación comezaron no 2007 con 670 nenos e nenas e na edición deste ano participan arredor de 2.800 nenas e nenos en 150 escolas de 31 concellos da provincia.

También te puede interesar