RGPD - Cookies
Galicia

Continúa a busca do ancián desaparecido en Chantada

ernestotorrreOs servizos de emerxencia continúan coa busca do ancián desaparecido o pasado domingo en Chantada, Ernesto Torre, un home de 77 anos que foi visto por última vez por uns veciños sobre as 19.00 horas en Os Queixeiros.

Ese mesmo domingo a familia denunciou a súa desaparición ante a Garda Civil de Chantada, que activaron o operativo de busca tras localizar diversas pertencias do home. A zona de busca céntrase na parroquia de Sariña, entre o embalse de Os Peares e Pincelo.

Ademais, onte incorporáronse ao dispositivo de búsqueda xunto a Protección Civil, Policía Local e Garda Civil coa unidade de cans de rescate os avións non tripulados da Axencia Galega de Emerxencias, que sobrevolaron a zona ata en oito ocasións con resultados negativos.

También te puede interesar