Deportes Vigo al minuto

Beade corre pola cereixa este domingo

cereixa

Chega a cuarta carreira do circuíto Run Run Vigo. Este domingo (10.30 h), Beade acolle a quinta edición da Carreira da Cereixa, que sairá e rematará no centro cultural da parroquia tras pasar por Ramiro Pascual e as estradas de Coutada, da Venda e do Porto.

Trátase dunha proba de 10.000 metros, con dúas voltas a un circuíto de 5 quilómetros, que por primeira vez se inclúe no programa de carreiras populares do Concello. Todos os interesados poderán inscribirse ata este mércores 18 de maio ás 20.00 h no centro cultural de Beade de forma presencial ou no portal de internet Champiochip Norte

A carreira de Beade, que entra na súa quinta edición, recupera a categoría sénior tras terse realizado en 2015 unicamente para categorías de formación. Ademais, nesta ocasión haberá unha carreira para nenos e nenas nacidos de 2001 a 2006 cunha distancia de 4.200 metros con saída ás 11.30 h.

Ata a data tres foron os eventos pertencentes ao circuíto xa celebrados: Correndo por Vigo (Calvario), Happy Go Running (campus da Universidade) e a Vig-Bay (media maratón entre Vigo e Baiona), sumando xa 5.492 atletas que remataron as probas en asfalto. A de Beade é a cuarta das dez carreiras do Run Run Vigo 2016.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.