Galicia

Méndez Romeu concorre ás primarias do PSdeG

mendez romeu

Para recuperar “os mellores valores do socialismo”. Este é o motivo polo que o portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, fixo hoxe pública a súa intención de presentar a súa candidatura ás eleccións primarias internas do PSdeG-PSOE, das que sairá o candidato á presidencia da Xunta para as eleccións deste outono.

Méndez Romeu asegurou nun acto en Santiago no que contou co respaldo de cargos institucionais e orgánicos do partido en Galicia, que quere “poñer poñer punto e final a unha etapa de decadencia, a necesidade de abordar con solvencia, con rigor, pero tamén con forza e con ilusión o cambio político en Galicia”.

O portavoz tamén asegurou que non se trata dunha campaña contra ninguén, senón que se presenta “a favor do goberno de Galicia e, polo tanto, convido a todas as tendencias, a todas as vontades, a todas as sensibilidades do Partido Socialista a sumarse nun proxecto común, integrador, construtivo, orientado ás persoas”.

 

También te puede interesar