RGPD - Cookies
Comarcas

A I Andaina da Lamprea dá os seus primeiros pasos

I ANDAINA DA LAMPEA 10 DE ABRIL DE 2016

O concello de Arbo organiza este xoves 5 de xuño a I Andaina da Lamprea, que tivo que aprazarse o pasado 10 de abril polo mal tempo. Esta actividade pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como a lamprea e o viño, así como as paisaxes pola beira dos dous ríos da localidade, o Míño e o Deva, ou as pesqueiras e o Centro de Interpretación do viño e da lamprea de Arbo, Arabo.

Os participantes sairán ás 10.00 horas do Museo Arabo para facer un percorrido de 10 quilómetros que rematará unhas dúas horas e media despois no mesmo punto, onde se degustará de xeito gratuíto lamprea e viño e onde se lles dará a opción aos participantes de visitar as salas de Arabo e coñecer a vila a través dos seus paneis informativos.

 

También te puede interesar