Vigo al minuto

O Concello colaborará con Érguete no apoio residencial para drogodependentes

O Concello de Vigo e a Asociación de Axuda ao Toxicómano, Érguete, reeditaron este luns o convenio polo que o goberno local achega 45.000 euros á entidade para levar adiante un programa de apoio residencial para persoas drogodependentes a través de tres vivendas nas que os afectados contarán coa supervisión de profesionais para axudalos na súa reinserción social.

O acordo pasa por dotar dunha vivenda a drogodependentes que nun número elevado de casos teñen dificultades económicas e así axudalos a progresar na súa reinserción social. Trátase de tres vivendas urbanas en réxime de aluguer ás que os usuarios poderán ter acceso, xunto a outros programas municipais como o plan de emprego.

También te puede interesar