Cultura Galicia

A Leira de Alicia, epicentro de diversión no Festival de Cans

cans-leiradealicia

A Leira de Alicia, un dos espazos emblemáticos do Festival de Cans, que cada ano acolle o coloquio co director convidado da edición, pasará a ter programación continuada nos días principais do certame, o 20 e 21 de maio. Acollerá o Espazo Mahou, empresa que confirmou a súa continuidade como principal patrocinador privado do festival por segundo ano consecutivo. Será unha zona pensada para a conversa tranquila e como un punto de encontro entre profesionais e co público, con carpa e escenario, onde se programarán diferentes actividades relacionadas co cinema e a música.

Os contidos articularanse sobre dous eixos: encontros de cineastas e actuacións musicais, que complementan as proxeccións audiovisuais do Jalpón de Alicia. Ademais do director e directora do coloquio na leira deste ano, por alí pasarán todos os curtametraxistas da sección oficial a concurso. Será nun formato informal denominado ‘Dalle caña’, creado como punto de encontro dos novos creadores e destes co público, ao tempo que toman tranquilamente unhas cervexas servidas por expertos tiradores.

cans-concertoO apartado musical, pensado en formato acústico para recuperar o ritmo lento da conversa no medio do frenesí do Festival, abrirá o venres cun concerto sorpresa promovido por Mahou. Só terá un aforo para 450 persoas e buscará que haxa público en Cans xa na tarde do venres 20 de maio, antes do desfile de chimpíns e o comezo da Noite das Homenaxes. Ao longo do sábado haberá máis música, con concerto do mítico Joao Tomba reencarnado no músico vigués Indy Tumbita, logo de presentar o documental ‘Joao Tomba, el regreso’ no Jalpón de Alicia.

Ademais haberá sesión de DiscoChimpín ao longo da tarde, pensada como sesión de música contada, de arqueoloxía musical sobre a música ye-yé en Galicia, con numerosos grupos inéditos que nos descubrirá Dj Shy Boy, ou sexa Alfonso Espiño (cantante de Los Chavales), un experto na materia sobre a que ten realizado un amplo estudo. Así mesmo, rescatará varias curtametraxes musicais dos anos 60 e 70 que se crían perdidas, pequenas xoias audiovisuais que se recuperarán en Cans e serán proxectadas no Jalpón de Alicia.

Deste xeito énchese de actividade un dos espazos máis emblemáticos do festival, cedido pola veciña Alicia Sánchez, a colaboradora de maior idade do certame. Ten 88 anos e cada ano recibe con entusiasmo a toda a xente que pasa pola súa leira e polo seu Jalpón, que este ano terán especial protagonismo. É por iso que o festival quixo renderlle unha pequena homenaxe nas súas camisolas de edición limitada, deseñadas en honor ela, cun debuxo da súa cara e co lema ‘Alicia Calidade’.

Ambos os dous días, venres e sábado, a leira permanecerá activa ata case a medianoite, momento no que a vitalidade do certame se concentrará no Torreiro como nas anteriores edicións.

400 entradas vendidas

O Festival de Cans leva xa 400 entradas vendidas para a súa sección oficial dos 500 packs de entrada entrada+camiseta (con chapa e catálogo de agasallo) postos á venda na súa tenda on line cunha oferta de lanzamento de 20€ e que dentro duns días o prezo subirá a 27€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.