RGPD - Cookies
Comarcas

338.000 euros para a xestión de dous novos programas da Deputación

adolescenetes_listadoA Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación para a xestión de dous novos programas da institución: ‘DepoRúARTE’, por 100.000 euros, e ‘En ruta coa Depo2016’, por 238.000 euros.

Programas

A Deputación abrirá o proceso para contratar unha empresa que se encargue da xestión e execución do programa ‘DepoRúARTE’ por unha partida orzamentaria de 100.000 euros. As condicións de contratación tamén inclúen a organización do I Certame Xuvenil DepoRúARTE, que clausurará o programa.  O prazo de execución para a totalidade do contrato será desde a súa formalización ata o 31 de outubro de 2016.

Trátase dunha iniciativa do servizo de Cohesión Social e Xuventude para poñer en marcha unha programación de actividades educativas e de lecer destinadas ao colectivo xuvenil da provincia. O programa está dirixido a mozos e mozas de 14 a 30 anos de idade, empadroados nos concellos de menos de 50.000 habitantes adheridos ao programa..

Por outra banda, tamén aprobou a contratación da xestión e execución do programa ‘En ruta coa Depo 2016’, que contará cun orzamento de a de 238.000 euros. O programa baséase en pasar un día de convivencia coñecendo lugares da provincia, co acompañamento dun guía turístico especializado. O número de prazas ofertadas é de 18.346, que poderán ser solicitadas por todas as entidades sociais da provincia, especialmente aquelas rexistradas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPPS).

‘En ruta coa Depo 2016’ é unha iniciativa que ten por obxectivo promover o asociacionismo e o lecer dinámico e saudable entre os colectivos de maiores, mulleres, xuventude e diversidade funcional, promovendo a igualdade de acceso aos recursos e creando espazos de unión.

Como optar

Os contratistas interesados en calqueera das licitacións deberán presentar as súas proposicións no Rexistro Xeral da Deputación, ou auxiliares, ou mediante correo. O prazo é de quince días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. A Deputación publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa ao procedemento no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es).

También te puede interesar