Vigo al minuto

Os estudantes galegos reivindican na rúa a derogación da reforma educativa

huelgaestudiantes01

Non á Lomce, non ao decreto do 3+2, non ao aumento das taxas e non aos recortes. Miles de estudantes galegos de ensinanzas secundaria e universitaria, preto de 750 deles en Vigo, manifestáronse hoxe para reclamar a derogación da Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa.

huelgaestudiantes02Baixo lemas como ‘Queremos estudar, non emigrar’, os estudantes de Bacharelato, FP e Universidade estaban chamados a saír á rúa na segunda folga educativa deste curso, un paro de 48 horas convocado polo Sindicato de Estudantes para reclamar unha ensinanza pública, digna, gratuíta e de calidade. A folga continuará mañá con novas manifestacións e concentracións en diversos puntos de España.

Reivindicacións

Unha vez máis as reivindicacións volven basearse en catro eixos. Por un lado, a derogación da Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa (Lomce), coñecida como a Lei Wert, que establece por exemplo reválidas ao final de cada etapa educativa, que a materia de Relixión conte para a media pero as alternativas non ou o adianto de itinerarios distintos na Educación Secundaria Obligatoria.

huelgaestudiantes03Xa superados os estudos secundarios a loita é co decreto 3+2 que permite ás universidades escoller a duración das carreiras, impoñendo carreiras de tres anos con dous de máster obrigatorios, o que encarecería considerablemente o custe dos seus estudos. O importe das taxas universitarias tamén é outro dos cabalos de batalla, xa que os sindicatos estudantis denuncian que nalgunhas comunidades autónomas os prezos da universidade pública achéganse moito aos da privada, sobre todo nas segundas matrículas.

Por último, os recortes dos últimos anos en educación fan que as familias teñan que asumir por exemplo o 40% dos recortes universitarios: hai máis bolsas e orzamento, pero a contía por alumno é moito menor, retrocedendo ao nivel de hai unha década.

SONY DSC
SONY DSC

También te puede interesar