Destacados Vigo al minuto

Concello e comerciantes acotarán zonas e horarios de apertura

rivasTras o novo decreto lei aprobado polo goberno de España, ao ser considerada unha gran cidade de afluencia turística os comercios de Vigo poderían abrir 24 horas os 365 días do ano. Para evitar algo que “perxudicaría moito ao pequeno e mediano comercio”, o Concello de Vigo consensuará co sector os horarios de apertura.

O concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, está mantendo reunións con todas as asociacións de comerciantes para enviar á Xunta antes do 1 de xuño un documento no que se delimiten zonas e horarios para evitar que o próximo 22 de xullo se liberalicen os horarios en toda a cidade.

Segundo o Decreto Lei 8/2014 do 4 de xullo, Vigo ao ter máis de 600.000 pernoctacións modifícase a súa consideración de cara aos horarios comerciais, totalmente liberalizados.

También te puede interesar