RGPD - Cookies
Comarcas Destacados

Arbo, tres días como epicentro da lamprea

festalamprea

Arbo prepara unha das súas festas máis tradicionais. Os vindeiros 22, 23 e 24 de abril a localidade acolle a LVI edición da Festa da Lamprea, tres días nos que os miles de visitantes poderán degustar este produto preparado das formas máis variadas acompañado doutros produtos típicos da zona, como o viño.

Ademais, como ven sucedendo dende hai 22 anos, coincidindo con esta festa Arbo organiza a mostra agroindustrial e artesanal do Condado-Paradana ‘Arbomostra’, onde se darán cita as adegas de Arbo, todas elas con DO Rías Baixas, e empresas que amosarán as últimas novidades no eido do turismo, artesanía, viticultura e maquinaria agrícola aos máis de 25.000 visitantes que se cada ano se achegan á carpa situada no Colexio de Arbo.

También te puede interesar