Vigo al minuto

Vigueses, que non quede ningún!!!

recon6

Fotos: Vigoalminuto.com/ Entre chuvia, sol e vento os vigueses demostraron unha vez máis que teñen un carácter férreo e que son quen de prantarlle cara a calquera, incluso ao mesmísimo exército de Napoleón. Un ano máis, as rúas do Casco Vello acolleron a tradicional representación da Reconquista de Vigo, a batalla na que os vigueses demostraron o seu espíritu loitador e botaron da cidade aos soldados con azadóns, paus e calquera instrumentos dispoñible.

recon2

A recreación do contexto histórico trasladou á cidade de novo a 1809, ao momento do levantamento da cidade viguesa liderado por Cachamuíña, fronte ao exército de Chalot. Espacios como a Porta do Sol ou Gamboa cobraron vida para transformarse nos puntos clave da revolta popular, a batalla e a vitoria.

r01

O momento máis esperado da xornada foi o derribo da porta de Gamboa. O pobo vigués, á terceira intentona e ao berro de “Que non quede ningún!”, foi capaz de facer recuar ao exército galo, que cruzou o arto do portón de A Laxe e fuxiu por mar para abandonar Vigo sen posibilidade de retorno. Nesta ocasión, o lugar de partida dos franceses pasou do Náutico ao porto, preto da zona de remolcadores.

recon3

A furia e rebeldía dun pobo oprimido e maltratado mesturouse co espíritu festivo e entrañable do ambiente da época. Máis de 250 postos de artesanía galega, gastronomía, bisutería… animaron a involucrarse con máis ganas nunha xornada que puxo punto e final a unha semana de celebracións.

recon4

Gañada a batalla e conseguido o obxectivo, os vigueses consiguen un ano máis tarde o título de Cidade Leal e Valerosa en recoñecemento ao seu importante papel na Guerra de Independencia. Un bo final para un día no que o público puido mollarse por dentro e por fóra.

recon5

También te puede interesar