Vigo al minuto

Nova marcha en Vigo para pedir o rescate público do Cunqueiro e do Meixoeiro

cigsanidade

A Xunta de Persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade Pública convocan unha manifestación en Vigo para esixir o rescate para a sanidade pública dos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro, o uso dos anexos do Xeral, a reapertura do policlínico Cíes e a mellora da atención primaria no conxunto da área sanitaria.

A marcha, que terá lugar o vindeiro xoves 12 de maio ás 20.00 horas, desenvolverase entre a Praza dos Cabalos e a Porta do Sol. 

Durante os vindeiros días, ambos os dous colectivos repartirán ducias de milleiros de panfletos e uns 5000 cartaces entre a cidadanía «para concienciar sobre a situación na que se atopa a sanidade pública viguesa». Ademáis, manterán xuntanzas cos rexedores e rexedoras da área metropolitana para reclamarlles o seu apoio á manifestación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.