Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Convocada unha nova manifestación o 12 de maio para exixir o rescate do Cunqueiro para a Sanidade Pública

Manifestación en Vigo o pasado 3 de setembro/Foto:vigoalminuto
Manifestación en Vigo o pasado 3 de setembro/Foto:vigoalminuto

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), ven de convocar unha manifestación cidadá para o vindeiro 12 de maio na que se exixirá o rescate do Álvaro Cunqueiro, do Meixoeiro, e o uso dos dous anexos do Xeral, ademáis do uso para a sanidade pública do Policlínicop Cíes.

Na presentación da mobilización, os organizadores denunciaron a merma da calidade asistencial sanitaria na Área de Vigo que, salientaron, “ten a lista de espera máis numerosa de Galicia e unha das máis largas do Estado”. Ademáis, engadiron que o novo hospital viu recortado o seu número de camas, non integra os servizos anunciados, ten deficiencias estructurais e, “todo  cun custo maior para os cidadáns que o proxecto inicial, que contemplaba un centro totalmente público”.

A Plataforma e o persoal iniciará unha campaña de información con milleiros de papeis de 5.000 cartaces, nos que explicarán as súas propostas para a mellora da sanidade pública da zona de influencia da cidade.

Os organizadores agardan que a protesta sexa secundada por alcaldes de Área eMetropolitana de Vigo, engadindo entre eles a “varios do Partido Popular que xa estiveron presentes na multitudinaria manifestación de hai seis meses”.

De cara a que o 12 de maio sexa tamén “un éxito” como o 3 de setembro “cando ducias de miles de persoas sairon á rúa en Vigo”, a Plataforma e os representantes dos traballadores fan un chamamento aos cidadáns para que secunden esta nova mobilización.

También te puede interesar