Vigo al minuto

@turisriasbaixas, parte central das xornadas do Clúster do Turismo que se celebran en Vigo o xoves

Vista-de-Cies-desde-la-Ria1Carmela Silva, salientou este martes, na presentación das segundas xornadas do Clúster de Turismo de Galicia-que se celebrarán este xoves, día 17 no Auditorio Mar de Vigo (dende as 10 da mañá), as potencialidades que aínda teñen as Rías Baixas e a provincia para incrementar as visitas turísticas.

A presidenta da Deputación, xunto co alcalde e os representantes do Clúster, Diego Otero e César Ballesteros, salientou a importancia destas xornadas que teñen como denominación “Obxectivo 5 millóns. Retos e oportunidades da comercialización e tecnoloxía do destino Galicia”.

Silva comentou que a iniciativa “espertou grande interese xa que se aumentou o número de inscritos ate os 35o cando estaba previsto que foran 300 os participantes” e que a mesma permitirá os asistentes coñecer as novas estratexias de comercialización e os novos modelos tecnolóxicos para acercarse os mercados de interese, entre outras cuestións que serán abordadas en diversas charlas e mesas redondas.

IMG_20160315_113908A Presidenta da Deputación engadiu que a elección de Vigo para esta celebración debíase precisamente a que “as Rías Baixas, Vigo e as Illas Cíes son os destinos máis visitados de Galicia despois da catedral de Santiago”.

Para Silva é importante a posición que ten a provincia en materia turística pero recoñeceu que aínda son moitas as potencialidades por desenvolver. Así destacou todo o vinculado co turismo verde, o enoturismo, o sendeirismo, o termalismo o patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico da provincia, como os eixos das potencialidades que deben explorarse para ofrecer “os nosos visitantes unha oferta variada e moi completa de actividades para coñecer todos os recunchos da provincia”.

Precisamente, a Deputación traballa nun plan integral de turismo para toda a provincia, que permita fixar os obxectivos a medio e longo prazo e coordinar os recursos existentes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.