Cultura Galicia

Máis de cen mulleres socialistas reivindican en Pontevedra o seu papel na sociedade e na política

Acto mulleres socialistasImágenes:vigoalminuto.com/Máis de cen mulleres socialistas que ocupan distintos cargos institucionais, participaron este domingo en Pontevedra no encontró ‘Mulleres polo cambio político’, unha cita na que estiberon presentes a presidenta da Deputación, Carmela Silva, as alcaldesas de Lugo, Lara Méndez, ou do Porriño, Eva García de la Torre, a voceira socialista no Concello de A Coruña, Mar Barcón, a deputada Dolores Galovart e concelleiras de distintos concellos de toda Galicia.

No acto, logo de sinalar que as mulleres ocupan o 20% dos postos de responsabilidade pública, unha porentaxe que é ainda menor no eido da alta dirección das empresas privadas,  denunciar o feito de que a violencia machista asesinou a 1.000 mulleres dende 1999-57 delas o ano pasado-e subliñar que as mulleres cobran, en moitos casos, a terceira parte do que cobran os homes, ou que son quenes sobrelevan o peso da Dependencia no Estado, as asistentes advertiron dos pasos atrás para a igualdade nos pasados catro anos.

“Todos os pasos que se deron cara a igualdade nunca os deron políticas de dereitas”, salientaron, e engadiron que as iniciativas de cara a conciliación da vida laboral e familiar empezaron a plantexarse coa integración da muller á vida laboral, “antes, ninguén falaba de conciliación” ou pensara en que as mulleres, “que sumamos máis da metade da poboación, temos dereito ás mesmas oportunidades á hora de ocupar postos na xudicatura, na educación, na sanidade, na investigación ou na política”.

Carmela SilvaAs representantes socialistas non eludiron ningunha das preguntas sobre a situación actual do Partido dos Socialistas de Galicia e Carmela Silva cualificou a “actitude responsabel” do secretario xeral do PSdG fronte á dos presidentes do Goberno do Estado e do de Galicia.

“Gustaríame que ese acto de responsabilidade que tivo onte Besteiro o tivese o meirande director da corrupción en España e da financiación ilegal do PP, gustaríame que o tivese feito so señor Rajoy cando descobrimos o ‘Caso Gürtel’ ou o ‘Caso Bárcenas’ e tamén que o señor Feijóo tivese dimitido cando se soubo que era  amigo dun narcotraficante”.

A alcaldesa de Lugo sinalou que que Besteiro “sempre procedeu pensando no no ben común e tomou a decisión de non ser candidato tendo na mente o ben común”. Lara Méndez engadiu que o secretario xeral estimou que “a súa situación persoal, inxusta, podería danar o partido e pensando no partido e en ter posibilidades de chegar ao Goberno deu ese paso atrás”.

Sobre a posibilidade de que sexa unha muller a candidata socialista á Presidencia da Xunta, Carmela Silva respostou que ainda non se abriu o debate sobre posibles aspirantes para as Primarias do PSdG, “cando sexa así, haberá moitas mulleres e homes do partido dos socialistas de Galicia que terán a oportunidade de dar ese paso ou non”.

También te puede interesar