Comarcas

O Pan do Porriño celebrará a súa primeira festa este verán

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, nunha xuntanza cos responsables da Asociación de Comerciantes
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, nunha xuntanza cos responsables da Asociación de Comerciantes

Como adiantara o pasado día 25 de xaneiro Eva García de la Torre, coincidindo coa presentación da candidatura do ‘Pan do Porriño’ para a súa declaración como ‘Denominación Xeográfica’, o Concello, xunto co Centro Comercial Aberto (Morea) e a Asociación de Comerciantes (ACIPOR), organizará a ‘I Festa de Exaltación do Pan do Porriño’.

Nunha xuntanza coa presidenta da Asociación de Comerciantes, Juana Pérez, a alcaldesa estudou a proposta para a organización da Festa, que podería celebrarse no mes de xuño, e que ademáis de impulsar o coñecemento deste producto “de altísima calidade” e “un dos nosos signos de identidade”, axudaría a mellorar a competitividade do sector, facilitaría a introdución de elementos de maridaxe, con alimentos como os viños, o paté, o queixo ou as confituras, sería o primeiro paso para a creación dun evento con vocación de permanencia no tempo, para consolidar o producto dentro e fora da vila e reafirmaría o seu carácter de producto no Camiño Portugués a Compostela, nunha zona de paso de moitos turistas e peregrinos.

A Festa contempla a instalación de stands de cada panadería, de maridaxe, unha parte reservada a obradoiro de elaboración do pan, abranguería unha xornada de nutrición sobre o pan como parte dunha dieta saúdabel e incorporaría á hostalería local con recetas nas que o Pan do Porriño sería parte dos seus platos.

Eva García de la Torre xa manifestara en numerosas ocasións que esta Festa do Pan do Porriño sería unha parte importante do proxecto do goberno local de potenciar a “marca Porriño” que, salientou, “abrangue todo o que temos  todo o que somos, polo cal Porriño é coñecido dentro e fora de Galicia e, sen dúbida ningunha, unha deses sinais propios é o noso pan, un dos mellores do mundo”.

También te puede interesar