Cultura

A CIG denuncia que @Xunta cobra 17 € por deixar o curriculo á Administración Autonómica

Encerrados-XuntaSegundo ven de denunciar a Confederación Intersindical Galega (CIG), a Administración Galega  cobra por deixar o currículo e por apuntarse nunha lista para poder traballar nun posto público. A CIG sinala que os interesados teñen que pagar 17€ para botar o currículo de admnistrativo e outros 17€ se queren optar a outro posto.

“O peor é que a entrega dese curriculo non garante que te vaian chamar, de feito, na dita empresa pública os chamementos temporais están bastante limitados”, advirte o sindicato nun comunicado.  A encargada de cobrar esta taxa é a propia Administración Xeral da Xunta onde os chamamentos das listas levan anos ralentizados e limitados por lei. Con todo, seguen cobrando 17€ por cada lista na que calquera aspirante se apunte, ou sexa, por cada categoría profesional, corpo ou escala na que queira traballar de xeito temporal.

“Non é normal que cobren por apuntarte nunhas listas, como non é normal que te cobren por unha entrevista de traballo, nin por deixar un curriculo, nin sequera por presentarte a un proceso selectivo”, denuncia. “Pero isto é a Xunta, ademais de cobrar, cobran ben, e máis que outras Administracións”, engade.

O sindicato engade que as taxas das probas selectivas (2015) de acceso ao subgrupo C2 na Xunta son 24,90 € mentres que na Administración Xeral do Estado son 11,21 € (ou 5,61 € na promoción interna).

Xa en 2013, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais solitáralle a Función Pública que deixara de utilizar estas listas con carácter meramente recadatorio. Moita xente anotouse antes de que comezaran a existir estar limitacións orzmantarias e pagou unha taxas por anotarse nunhas listas que non teñen espectativa de moverse. “Agora segue anotándose xente e as limitacións dos chamamentos seguen aí e os 17€ por lista tamén”, engade.

Precisamente, no DOG deste venres, a Xunta publica a listaxe provisional de actualización de méritos do 2015 e abre xa algunhas listas para este ano 2016. “Debe haber presa en recadar, ou máis ben, en estafar”, indican dende a CIG.

También te puede interesar