Cultura Vigo al minuto

Vigo conmemora este mércores, día 24, o nacemento de Rosalía Castro

1456225634rosaliateatroEste mércores, 24 de febreiro, ás 20.30 h no Auditorio do Concello e con entrada de balde, até completar capacidade, Teatro Antroido representa «Rosalías. Unha vida de luces e sombras».

‘Rosalías’ achegará unha manchea de textos de e sobre Rosalia de Castro para contribuír a espallar unha imaxe renovada na que a padronesa xa non é esa muller sensibleira e romanticona, senón unha intelectual feminista comprometida coa análise da sociedade do seu tempo.

Roi Vidal e Laura Ponte percorrerán a vida e a obra de Rosalía a través dos seus momentos máis significativos, nunha narración chea de poesía, pensamento, música, símbolos, humor e aire esco.

Este 24 de febreiro os comercios do Calvario, e todo Vigo, homenaxean a Rosalía de Castro.O Concello, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios xunto co mercado do Calvario, van encher os escaparates do Calvario con versos da escritora.

Esa mesma mañá, a partir das 11 e media da mañá percorreranse os comercios deténdose para ler os versos; posteriormente haberá unha lectura compartida de poemas de Rosalía. Lectura que se chove se fará no propio mercado.

Nos espazos de Dinamización Infantil do Concello de Vigo, ( Casa da Xuventude e Pavillón de Coia), realizaranse diferentes actividades e xogos para conmemorar esta data e que os/as nenos/as coñezan máis da súa vida e obra, realizarán unha lectura dalgunha das súas poesías e Asamblea ‘¿Coñecemos a Rosalía?’; Ilustración dun dos seus poemas;  Manualidade: marcapáxinas coa imaxe de Rosalía e un anaco do seu poema e collage da imaxe de Rosalía;  Xogo: rompecabezas dos versos dun poema. A través de diferentes probas terán que conseguir os diferentes versos ata formar o poema enteiro.

Esta actividade levarase a cabo en horario de 4 e media a 8 e media da tarde e participaran os usuarios dos espazos de Dinamización Infantil de idades comprendidas entre os 4 e 12 anos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.