Vigo al minuto

O alcalde inicia este mércores as consultas con asociacións locais polo traslado dos xulgados ao Xeral

xerall6O alcalde manterá este mércores unha entrevista con representantes do Colexio de Avogados, cita coa que inicia unha rolda de contactos con colectivos para que «a cidade coñeza e teñamos un intercambio de opinións» sobre o proxecto de levar as dotacións xudiciais viguesas á torre do Hospital Xeral.

A iniciativa, segundo dixo Abel Caballero a respostas dos xornalistas, ten unha «enorme dimensión cidadá» pois significa o traslado da xustiza ao centro e a recuperación do ‘Pitulí’, o que require dun «gran consenso» en Vigo.

A cidade ten o «gran reto» de darlle uso a torre, o que ten que ir acompañado «inescusablemente», manifestou, de ocupar os actuais edificios xudiciais da rúa Lalín cunha actividade que xere alomenos o mesmo movemento que promove hoxe en día para o entorno das Travesas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.